Ubisoft acaba de anunciar unha colaboración inesperada pero celebrada: Bluey, a popular cadeliña australiana da serie homónima, protagonizará unha coreografía exclusiva en Just Dance 2026 Edition. A iniciativa, desenvolvida en colaboración con BBC Studios, Ludo Studio e Neels Studio, busca reforzar os valores de xogo compartido e diversión familiar que caracterizan tanto á franquía de videoxogos como á serie infantil.
