Este 16 de xuño comezaban as actividades da XIV xeira de Cultura no Camiño, o programa de dinamización escénica e musical que desenvolve a Xunta coa colaboración dos concellos polos que transcorren as diferentes rutas xacobeas. En total serán 316 actuacións as que se desenvolverán nos 87 municipios participantes a cargo de 147 formacións artísticas. As cifras non supoñen grandes mudanzas respecto a última edición, onde foron 88 os concellos que distribuíron as 310 actuacións realizadas.
