Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Canto vale un Nobel de Literatura? Capital simbólico, alodoxia e independencia

A Yaiza, a lectora


Feira do Libro de Frankfurt, 2007. Estou no recinto reservado ás axencias literarias, teño entrevistas concertadas para acordar a compra de dereitos de títulos para a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que eu mesmo fundei na Editorial Galaxia o ano anterior. Nese momento, sábese que lle acaban de outorgar o Premio Nobel a Doris Lessing. Minutos despois, recibo unha chamada para que realice as xestións necesarias coa idea de publicar O caderno dourado en galego.



Desde o seu comezo, a función do Nobel de Literatura está vencellada á noción de capital simbólico, que indica o prestixio acumulado por unha figura autorial.



O exemplo d...