A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede Galega de Teatros e Auditorios, incorpora para este comezo de 2026 un total de espectáculos que se desenvolverán entre o 29 de xaneiro e o 26 de abril.
Seis das sete obras programadas están dirixidas ao público adulto e unha ao público infantil. No que respecta aos horarios, todas as funcións comezarán ás 20.15 horas, agás a infantil que será ás 18.00h, e as entradas terán un prezo de 5 € para o público xeral e de 3 € para menores, estudantes, desempregados e xubilados.
O Alcalde, José Tomé Roca, anima aos monfortinos e monfortinas á asistencia poñendo en valor que a programación forma...
