Castelo Conta, o singular festival que cada agosto desde fai máis dunha década lévase a cabo na parroquia de Castelo en Culleredo impulsado polo actor é cómico Touriñán, ven de presentar unha nova iniciativa coa posta en marcha e convocatoria dunha Bolsa de Creación. O novo proxecto asinado por O Castelo Conta e Castelo Studio ofrece unha residencia artística para crear un libro ilustrado “desde o diálogo entre escrita, imaxe e territorio”, no que intervirán dous axentes creadores e a veciñanza de Castelo.
