Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Celanova acollerá o único concertó de Immaculate Fools este verán en Galicia

Será o mércores 29 de xullo.


O Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador será escenario, o mércores 29 de xullo, do concerto de Immaculate Fools. A banda de orixe inglés liderada por Kevin Weatherill actuará na vila de San Rosendo nun concerto fixado para as 22:30 horas e no cal participarán como teloneiros os integrantes de Rock Hub. «Dende o Concello de Celanova estamos encantados de traer un grupo de pop-rock como Immaculate Fools. Un grupo de primeiro nivel, unha banda de referencia dos anos 80, que dará en Celanova o seu único concerto este verán 2026 en Galicia. Esperamos que guste aos nosos veciños e esperamos moitísima afluencia de xente de toda Galicia porque vai ser un concerto único e inesquecible», dixo ...