Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas obras para rehabilitar a edificación localizada na Praza de España, nº23 onde estaba a coñecida como Academia, como nova Casa Consistorial.
O Concello de Chantada levaba dous anos traballando na busca de axudas e na redacción do proxecto para darlle utilidade a esta edificación que adquirira na zona vella ao carón da casa consistorial, para ampliar e reestruturar estas dependencias municipais e dotalas de accesibilidade.
Neste ano concretouse unha axuda da Xunta por importe de 500.000€ que favorece a execución da obra cun orzamento de licitación de 1.266.546,13€. O proxe...
