Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Chantada habilita co obradoiro de emprego unha nova área recreativa e deportiva no barrio de Marín

Neste espazo, localizado na parte traseira do colexio e do instituto, o concello contaba con varias parcelas e vén de adquirir outras dúas para completar unha superficie de 4500 m2. “Traballamos na posta en marcha desta nova zona verde para que cando levemos a cabo a continuación do paseo coa Confederación, poder conectar con esta zona e ter aquí un espazo para o descanso. Os colexios tamén terán así cerca un lugar de esparexemento para organizar actividades ao aire libre”, asegura o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.





Primeiro acondicionouse a zona limpándoa de silveiras e retirando escombros e árbores caídas. Na actualidade estanse facendo os sendeiros, replantaranse árbores e plantarase céspede para despois instalar distinto mobiliari...