Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Claves dunha xornada violenta: Trump ameaza o Estado español no comercial, Groenlandia no militar e dinamita o entendemento co Irán

Espectáculo? Unha forma de negociar? O certo é que os Estados Unidos non teñen a capacidade de deter "completamente" o comercio co Estado español, xa que a Unión Europea actúa de forma conxunta nesta materia, mais isto non parece importar a Trump, que volveu ameazar con facelo. Do mesmo modo que volveu insistir en que Groenlandia debería, segundo el, estar controlada polos EUA. Polo de agora, algo lle valeu, os 'aliados' aos que ameaza como se fosen os seus vasalos, por contentalo, aceptaron unha misión internacional no Ártico e programas militares multimillonarios.