Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Cortánlle a auga o voceiro socialista de Riotorto que denuncia unha “persecución política” do alcalde

O Voceiro Socialista de Riotorto, José García denunciou este xoves ser vítima dunha “persecución política” por parte do alcalde tras recibir a visita de dous operarios do Concello de Riotorto no seu domicilio particular para cortar o aceso á auga na súa vivenda particular.


O pasado mes de abril Jose García recibiu unha notificación da Alcaldía na que se lle requiría que subsanara deficiencias relacionadas co contador da súa vivenda. Con data 7 de maio, José García presentou as alegacións a este escrito explicando que estaba ao corrente dos pagos da auga no seu domicilio, aportando a documentación correspondente. Ademais explicou que na súa vivenda non existen dúas tubeiras do entronque da auga, tal como afirm...