Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Cuba enfronta un escenario "duro" ante a "agresión brutal" por parte dos Estados Unidos

O bloqueo contra Cuba por parte dos Estados Unidos agudízase, até o punto de non deixar pasar o petróleo á illa, unha realidade que golpea directamente a subministración enerxética do país caribeño, unha "agresión brutal", denuncia o Goberno cubano, que provoca un escenario "duro" para a poboación civil. Neste contexto, México envía dous buques con toneladas de axuda humanitaria e reitera o seu apoio ao pobo cubano.