Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Curso Capacitación Dixital no IES García Barbón

No IES García Barbón entre o 11 e o 22 de novembro.


No IES García Barbón vai impartirse un curso sobre competencias dixitais de nivel intermedio. É totalmente gratuíto e ten como destinatarios ás persoas que xa realizaran o curso de nivel básico e non estean a cursar ensinanzas regradas neste curso 2024/2025.


O obxectivo é o de ampliar os coñecementos xa adquiridos polos participantes para que poidan realizar operacións da súa vida diaria mais complexas e complementarias do que xa coñecen.


O curso terá unha duración de 30 horas lectivas, que se levarán a cabo nas datas comprendidas entre o 11 e o 22 de novembro, ambos incluídos, en sesións diarias de 16:00-19:00 horas, nas instalacións...