O estacionamento queda suprimido este sábado, 6 de setembro, todo o día e toda a noite e o domingo 7 ata a finalización do evento, que se prevé arredor das 17.30 horas, en todas as vías de paso da proba: R/Morín, R/Dr. Casares ata cruce de R/San Pedro, Rolda María Emilia Casas Baamonde (Circunvalación), R/Chantada ata a glorieta do Hórreo, Avenida de Galicia, R/Celso Emilio Ferreiro e R/Escultor Francisco Moure, e sobre as 22.00 horas nas rúas nas que hai instalacións de meta.
Non se poderá aparcar, tamén desde este sábado nas rúas que albergarán as instalacións de La Vuelta: R/Sarria, R/Dalmiro de la Válgoma, Paseo de Lugo, R/Compañía e R/Cardenal.
Tampouco poderán...
