Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Do norte de Alemaña ao galego da rúa: o que descobren os estudantes de Kiel cando chegan a Galicia

Aprender galego a máis de 2.000 quilómetros de Galicia e comprobar despois como esa lingua estudada durante meses aparece nos carteis dun comercio, nun museo, nunha universidade ou nunha conversa cun condutor de autobús. Ese foi un dos cambios de perspectiva que experimentou un grupo de estudantes do Centro de Estudos Galegos (CEG) da Christian-Albrechts-Universität zu Kiel, no norte de Alemaña, durante unha excursión académica que os levou por Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e A Coruña.


A delegación, encabezada polo director do CEG de Kiel, Elmar Eggert, o coordinador, Facundo Reyna-Muniain, e o lector Daniel de Toro, participou durante a súa estadía nun programa que combinou v...