[foto]https://www.xornaldelugo.com/contenido/uploads/2024/05/112-Galicia.jpg[/foto]
Dúas persoas perderon a vida nun grave accidente de tráfico rexistrado esta mañá no concello de Lugo, tras unha colisión frontal entre un camión e un turismo.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 07:10 horas, a través da chamada do condutor do camión implicado. Na comunicación indicaba que se producira unha colisión frontal entre o seu vehículo e un turismo na estrada LU-530, á altura do quilómetro 4, ao seu paso pola parroquia de Carballido. Ademais, advertía da posible presenza de persoas atrapadas no interior do turismo debido á forte violencia do impacto.
Desde a sala de operacións do 112 Galicia alertouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ...
