Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Esfumado. A misteriosa desaparición de Mustafa Ouda — novela palestina

Esfumado. A misteriosa desaparición de Mustafa Ouda — novela palestina

de Ahmed Masoud, traducida ao galego por Moncho Iglesias Míguez.

Leia abaixo os dous primeiros capítulos:

1
 — Teño que marchar, amor, acaban de bombardear a casa e as liñas telefónicas están cortadas.
Estaba sentado no enorme sofá azul mariño, na sala de estar medio iluminada do seu pequeno apartamento de dous cuartos en Clerkenwell Road. O fume que saía do cigarro que nin tocara penetráballe no nariz a ela, que permanecía a medio vestir onda a porta principal, xunto á cociña americana. Apenas se lle vían os ollos grandes e acastañados; só a pel branca das pernas b...