Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Esta semana A Apalpadora visita Chantada, Sober e Pantón

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove un ano máis a presenza de tradición propias nas datas de Nadal co espectáculo “A apalpadora”, que se representará en 40 localidades ao longo deste mes de decembro.





No espectáculo de narración oral e música en directo, Antía Vázquez – a filla do Apalpador – e o musico André Espiñeira contan ás crianzas a historia desta figura do Nadal, transmitida a través da tradición oral, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán, e revitalizada na última década grazas ao impulso de asociacións e colectivos culturais de todo o país.





Por sexto ano a Vicepresidencia da Deputación organzia esta actividade que dá resposta ao interese cada vez maior das asociac...