Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Estabilizado o incendio de Soutordei en Ribas de Sil que afectou a 180 hectáreas

Ás 18.47 horas deste luns, 13 de xullo, deuse por estabilizado o incendio do concello de Ribas de Sil, parroquia de Soutordei, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 180 hectáreas.





Neste lume, que se iniciou ás 18.22 horas do sábado, foi preciso declarar a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade ao núcleo de Chenzas, unha situación operativa que quedou desactivada na madrugada do domingo. Para a extinción deste incendio mobilizáronse, polo de agora, de xeito acumulado, 8 técnicos, 37 axentes, 53 brigadas, 40 motobombas, 4 pas, 9 helicópteros e 8 avións.





A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número ...