O Torneo que se disputará este martes, 18 de agosto desde as 20:30h no Pavillón Municipal de Chantada está organizado pola SD Chantada coa colaboración do concello e do adestrador Héctor Souto, o chantadino que desde o 2024 é seleccionador nacional de fútbol sala de Indonesia.
A expedición indonesia chegaba a Chantada o pasado día 11, desde aquela celebraron varios adestramentos, disputaron un encontro co Parrulo de Ferrol, asistiron ao memorial que organizou SD Chantada e este domingo fixeron o saque de honra no partido da SD Chantada.
Ademais da actividade deportiva que se completará co Torneo deste martes e co partido que celebrarán o día 20 deste mes en Noia, a selección de Indon...
