Brindadeira xurdiu dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar a tradición do brindo, un xénero de improvisación oral cantada propio de terras da Pobra do Brollón, así como doutras zonas da montaña lucense e incluso do Bierzo.
Esta cuarta edición do festival Brindadeira é novamente organizada polo Concello da Pobra do Brollón en colaboración coa asociación veciñal de Ferreiros e co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Toda a programación terá lugar no local social e no campo da festa de Ferreiros.
O evento comeza o sábado 18 ás 18:30 horas coa proxección, no marco do Ciclo Mestre Mateo, da longa documental Ao son da nova regueifa.
