Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel. A cita deportiva, que reuniu a 250 inscritos entre as probas deportivas e unha andaina non competitiva de 8 km, concluíu cun rotundo éxito organizativo e de participación, tal como manifestaron dende a organización. Ademais, o evento contou coa celebración de carreiras infantís, que colleitaron un grande éxito e unha notable participación entre os máis pequenos e as súas familias.





A xornada coroou a Javier Janeiro Cerdeira e Elena Castro Rumbo como os grandes triunfadores da proba raíña de 16 quilómetros, ...