Segundo información da Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 17:38 horas do pasado mércores con estimacións provisionais de afectación a unha superficie de 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 4 técnicos, 25 axentes, 29 brigadas, 28 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 5 helicópteros e 4 avións.
Dende o Concello de Taboada comentan que “por sorte non houbo que lamentar danos persoais nin casas afectadas, que sempre é o máis importante nestes casos. Os medios continuarán realizando as preceptivas labores de control para evitar que se poida volver reavivar”. Ademais, facían chegar por redes sociais o seu agradecemento a todo o persoal que traballou na extinción...
