Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Galicia acouta as bebidas enerxéticas: entra en vigor a lei que as prohibe aos menores

Desde este sábado, o país convértese na primeira autonomía que equipara estes produtos ao alcohol e o vapeo ao tabaco, cunha norma que prevé aplicar tamén o Goberno de España. O consumo, posesión ou transporte destes refrescos estimulantes supón multas para a rapazada de entre 200 e 3.000 euros que poden subir a 15.000 para os adultos que llelos faciliten.