Bo día, Bolboreteirxs! Por aquí estamos de novo, como nos tardaba volver publicar receitas, xa que é un dos nosos pasatempos preferidos, aínda que imos intentar publicar todas as semanas algunha receita, non podemos prometer que non vaiamos fallar algunha: as clases, os peques e a vida en xeral non deixan moitas veces tempo para sentarnos a escribir.
Cada día que pasa temos máis claro que os mellores regalos son as experiencias e o tempo que investimos coas persoas que nos rodean, e tamén os agasallos que facemos nós mesmas, xa que implica dedicarlle un tempo (moi valioso) en facer algo por alguén. Por iso, as galletas sempre son unha boa opción, simplemente para sinalar que estivemos pensando nelas e queríamos ter un pequeno detalle. Estas, e...
