Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Gardacostas incauta 263 quilos de peixe e marisco e máis de 650 aparellos "ilegais" nunha semana

O Servizo de Gardacostas de Galiza tramitou 46 actas de presunta infracción entre o 10 e o 16 de agosto no marco dos operativos contra o furtivismo despregados por toda a costa galega. As actuacións permitiron decomisar 263,4 quilos de peixe e marisco e retirar 656 aparellos de pesca e marisqueo ilegais ou antirregulamentarios.