A Garda Civil do Posto de Vimianzo (A Coruña) investiga a dous veciños de Vilagarcía de Arousa e unha de Caldas de Reis (Pontevedra) como presuntos autores dun delito de roubo con forza no que se subtraeron 160 quilos de cable telefónico. O material pertencía a unha empresa dedicada ás instalacións de liñas telefónicas, que xa o recuperou.