Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Isabel Rebollido, astrofísica: "Dá vertixe pensar que poida haber centos de miles de Terras fóra da nosa galaxia"

Doutora en Astrofísica e na actualidade investigadora no Centro Europeo de Astronomía Espacial (ESAC, polas súas sigas en inglés), o centro da Axencia Espacial Europea en Madrid, Isabel Rebollido (Boiro, 1989) suma á súa valiosa traxectoria profesional no estudo da formación dos sistemas planetarios un compromiso firme en favor da divulgación do coñecemento científico en todas as capas da sociedade, tanto entre a rapazada e a mocidade como entre a poboación adulta.