A secretaria nacional da CIG-Ensino, Laura Arroxo (Castroverde, 1979), acudiu hoxe á redacción de Nós Diario para participar do primeiro 'Café con Nós' do novo curso. O pasado xuño asumiu a dirección do sindicato maioritario no ensino público da Galiza, que acrecenta as súas protestas contra a "política de recortes" do Goberno galego en materia educativa.