Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Mañá conmemorarase en Lugo o Día da Galiza Mártir cun acto de homenaxe ás vítimas do franquismo

[foto]https://www.xornaldelugo.com/contenido/uploads/2026/08/20260816_214928-4-1-e1786910672230-730x1024.jpg[/foto]

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo celebrará este luns, 17 de agosto, o Día da Galiza Mártir cun acto de memoria e homenaxe ás persoas represaliadas polo franquismo. A convocatoria terá lugar ás 11.00 horas a carón do Vello Cárcere, xunto ao busto de Moncho Reboiras, onde se realizará unha ofrenda floral en lembranza de todas as vítimas da represión franquista.


O Día da Galiza Mártir celébrase cada 17 de agosto en lembranza de Alexandre Bóveda, dirixente galeguista e unha das figuras fundamentais do movemento político e cultural galego do primeiro terzo do século XX. Bóveda foi fusilado o 17 de agosto de 1936 polas tropas fran...