Foron 90 os anos que completaron a intensa vida de Manuel Caamaño, iniciada en 1936, seis meses antes do golpe militar que daría lugar á guerra civil e cando Castelao, Alexandre Bóveda, Ánxel Casal e un adolescente Díaz Pardo se afanaban en organizar a campaña do Estatuto, que Galicia lle outorgou á súa autonomía o 28 de xuño de 1936. Caamaño medrou na posguerra, formouse academicamente loitando contra o poder abafante da ditadura mentres se ía introducindo no eido clandestino da loita por unha Galicia socialista e soberana.
Manuel Caamaño (Noia, 1936 – A Coruña 2026)) fíxose arquitecto técnico na Escola Politécnica de Barcelona. Na capital catalá fundou con outros mozos galegos o grupo cultural nacionalista Mocedade Galega de Barcelona (1960) e desenvolveu un destacado ...
