Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

Monforte destina 64.000€ para substituír as pérgolas da Praza Ponte Fontecha e Rúa Reboredo

Os proxectos de execución de Substitución das Pérgolas, foron aprobados o pasado 6 de xullo e na Xunta de Goberno Local do pasado luns, 4 de agosto, foron adxudicados á empresa Extraco S.A. por un importe de 44.608,43 € IVE engadido no caso das pérgolas da Praza Ponte Fontecha e de 19.572,22 euros IVE engadido, para a substitución das pérgolas da Rúa Reboredo, con un prazo de execución de 3 meses, por ser as ofertas mais ventaxosas para o Concello, das que se presentaron para levalo a cabo.





Tal e como se describe nos proxectos de substitución das pérgolas, estes equipamentos municipais atopábanse nun estado de conservación deficiente, presentando algunhas pezas en mal estado de conservación, e con algún apoio no pavimento que presentaba deficiencias....