[foto]https://www.xornaldelugo.com/contenido/uploads/2024/05/112-Galicia.jpg[/foto]
Unha persoa faleceu e outras seis tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios esta mañá tras declararse un incendio nunha vivenda situada na Graña, na parroquia de San Xiao do Camiño, en Palas de Rei. Ao fío das 6:15 horas, un dos afectados contactou co 112 Galicia para informar de que a súa casa estaba ardendo e de que no interior permanecían varios membros da súa familia. Con esta información, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activou un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso e a Garda Civil....
