Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

“Naceu unha nova nación, a República da Galiza”: 90 anos da proclamación

O 26 de xuño de 1931, o xornal estadounidense 'Chicago Tribune' informaba que “na esquina noroeste de España, naceu unha nova nación, a República da Galiza, que aspiraba á dignidade dun Estado federal”. A información, asinada polo seu correspondente no Estado, o escritor John dos Passos, afirmaba que “en Ourense, un pequeno grupo de conspiradores, tocou campás e fixo sonar sirenas antes do amencer desta mañá, proclamando a República da Galiza. Con Catalunya esixiron autodeterminación no marco federal”.