Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

New York, New York…

“New York seguirá sendo unha cidade de inmigrantes, unha cidade construída por inmigrantes, impulsada por inmigrantes” (Zohram Mamdani)


Que un home mozo (34 anos), que ademais se declara de esquerdas, gañara as eleccións á alcaldía de Nova York é, como sinalan a maioría dos medios, un fito histórico, pois é a primeira vez que sucede algo parecido, algo do que non hai precedentes inmediatos.


Zohran Mamdani, así se chama este mozo nacido en Uganda, converteuse no primeiro alcalde socialista da big apple que pasa por se-lo centro mundial do capitalismo financeiro. E faino cando na Casa Branca manda quen (Donald Trump) representa unha das facianas mais perigosas e sinistras do actual capitalismo mundial. Alguén que ameaza con f...