Novo episodio do NVF Podcast.
Iago Novo, o Demo de Fene, o 10 e capitán do Bergantiños. Un futbolista que chega aos seus 27 anos nun momento de madurez absoluta, asentado no fútbol, convertido nun dos grandes referentes do seu equipo e vivindo un inicio de temporada espectacular: o Bergantiños de Simón Lamas é líder do Grupo 1 de Segunda RFEF e segue invicto despois das primeiras xornadas.
Pero para chegar ata aquí houbo moito camiño.
Iago comeza sendo un enano no Perlío, antes de dar o salto ao Deportivo e converterse nun dos xogadores máis destacados da súa xeración. Falamos daquela etapa de canteira, dos campionatos de España en categorías inferiores, da Selección Galega e de todos aqueles anos nos que Iago xa apuntaba maneiras, pero nos que tam...
