O Bloque Nacionalista Galego de Pedrafita do Cebreiro denuncia a “grave situación que sofre o pobo do Cebreiro, que permanece totalmente ás escuras pola falta de iluminación pública. As rúas da localidade, un dos enclaves máis coñecidos e visitados do Camiño de Santiago, carecen de alumeado dende hai meses, o que supón un serio problema de seguridade tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes”.
Alca
Dende o BNG cualifican esta situación de “inadmisíbel e perigosa”, lembrando que a falta de luz obriga aos veciños e veciñas a desprazarse de noite axudándose coa luz dos móbiles. “Falamos dun pobo que recibe milleiros de peregrinos ao ano e que non pode ofrecer unha imaxe tan lamentábel nin poñer en risco a seguridade da xente”, sinalan den...
