O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O Castro Art Village, sede dunha iniciativa multidisciplinar que realiza ao abeiro de Territorio Cultura, o programa da consellería de Cultura, Lingua e Xuventude co que se impulsa a actividade cultural en áreas non urbanas a través de propostas de promoción privada vencelladas á creación, mediación, investigación e exhibición.
Durante o percorrido coñeceu os resultados da primeira edición de KinoTerra Cinema Lab, que celebrou a primeira edición entre febreiro e marzo de 2026 ao longo de tres fins de semana. Este laboratorio residencial reuniu seis participantes procedentes de distintos puntos de Galicia e con traxectorias vincula...
