Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O CCU reforza o ambiente de Nadal para dinamizar o comercio local de Monforte

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos convida ás familiar a gozar do ambiente de Nadal ao tempo que realizan as súas compras na cidade, apoiando así ao comercio local nunhas datas moi importantes para o sector.





Como eixo central da campaña o Tren do CCU volverá percorrer distintas zonas comerciais de Monforte os días 22, 23 e 24 de decembro. Terá a saída e a chegada onde as coñecidas “Casiñas” da Praza da Compañía e permitirá a veciños e visitantes gozar de Monforte e os seus barrios dunha maneira diferente á vez que se reforza o ambiente do Nadal nas rúas.





O acceso ao tren será gratuíto e realizarase por orde de chegada ata esgotarse as prazas de...