O Concello de Chantada comezou a semana celebrabando sesión plenaria extraordinaria cun único punto na orde do día, unha operación de crédito que permitirá executar obras importantes para o municipio. Por unha banda contémplanse 2.300.000€ para acceso a núcleos e mellora de estradas municipais, de modo que se seguirán ampliando as vías con tratamento de aglomerado en quente. Nos últimos 7 anos desde o Concello melloráronse 83 km con aglomerado, “con esta operación adiantámonos ao que iamos facer nos próximos 7 ou 8 anos”, asegura o alcalde; Manuel Lorenzo Varela.
A operación de crédito por valor de 4.189.546€, que se aprobou este luns cos votos do equipo de goberno permitirá dispor de cartos para exe...
