Segundo apuntan desde o PP, o prazo máximo legal para a construción e entrega das obras do centro de atención a maiores expirou o pasado mes de xullo sen que a Deputación de Lugo iniciara o procedemento para a súa contratación, “a pesar de que o Concello cumprira coas súas obrigas no tempo máis breve posible”.
Tras formalizarse a reversión do inmoble que acollía o antigo colexio e a súa parcela, “eses terreos volven ser propiedade municipal, xa que o goberno provincial non cumpriu no prazo establecido coa finalidade do convenio de colaboración asinado no 2018, que era a construción e entrega das obras”. “Coa recuperación dos terreos, o Concello ten a oportunidade de dar novos pasos para poñer en valor o inmoble e ofrecer servizos aos veciños e ...
