Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O Concello de Lugo inicia a obtención dos terreos para construír unha beirarrúa en Virxe da Soidade

[foto]https://www.xornaldelugo.com/contenido/uploads/2026/08/Virxe-da-Soidade-978x1024.jpeg[/foto]

O proxecto, cun orzamento estimado de 150.000 euros, abrangue 230 metros e busca mellorar a seguridade no acceso ao colexio das Gándaras


O Concello de Lugo iniciou os trámites necesarios para obter os terreos nos que se proxecta construír unha nova beirarrúa na rúa Virxe da Soidade, entre a Calzada das Gándaras e a rúa do Peto.


A intervención, que conta cun orzamento de licitación próximo aos 150.000 euros, permitirá acondicionar un tramo duns 230 metros. O obxectivo é dotar de infraestrutura peonil unha zona empregada diariamente polo alumnado do colexio das Gándaras, as súas familias e a veciñanza.


Segundo informou a a...