Versión en probas. Estamos cociñando o noso algoritmo. Suxerencias?

O Concello de Monforte quere desdobrar e ampliar a rúa Chantada entre a rotonda do hórreo e o corredor

Esta proposta, que foi adiantada polo Alcalde no pleno de xaneiro, é unha demanda do Equipo de Goberno que xa lle foi trasladada á conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, María Martínez Allegue, nunha reunión celebrada en abril do ano pasado en Santiago. “O vial é de titularidade autonómica e nesa xuntanza expuxemos a necesidade de ampliar o último tramo urbano, comprendido entre a rotonda do Hórreo e a rotonda do Salón do Moble”, explicou o alcalde.





O anteproxecto presentado recolle os detalles das obras a realizar, custes e tempo de execución, que sería de 6 meses unha vez adxudicada a obra e asinada a acta de replanteo. O orzamento da intervención, incluíndo as actuacións previas e outras cuestións como as instalacións...