[foto]https://www.xornaldelugo.com/contenido/uploads/2024/11/cuartel-San-Fernado-1024x768.jpeg[/foto]
O proxecto do cuartel de San Fernando supera a preavaliación para optar a 11,4 millóns do 2 % Cultural, aínda que a concesión definitiva queda condicionada á entrega da documentación técnica e ao visto e prace de Patrimonio
A transformación do cuartel de San Fernando de Lugo no Museo da Romanización de Galicia entra nunha fase decisiva. O proxecto superou con éxito a preavaliación formal do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana para optar ao financiamento do programa estatal do 2 % Cultural.
A actuación está valorada en 15,2 millóns de euros e o Concello de Lugo solicitou ao Estado unha achega de 11,4 millóns, equivalente ao 75 % do custo total. A...
