O novo Centro Integrado de Saúde (CIS) Olimpia Valencia, o terceiro de Galicia, abre este luns a súa porta para empezar a asistencia, após dous anos e medio de obras e instalación de equipamentos, con 65 consultas nas que traballarán 122 profesionais (13 deles en praza de nova creación) e con capacidade para atender a 42.000 persoas.