O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle desde este xoves e ata finais de setembro a exposición colectiva "Do final e do comezo" que reúne os traballos fin de grado en Belas Artes 2022.
A mostra está organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, e está comisariada por Basilisa Fiestras coa coordinación técnica e deseño gráfico de Vaciocero Servicios culturales.
"Do final e do comezo", é o resultado dun longo proceso de investigación e creación, xermolado e construído na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Unha exposición que ten como obxectivo plasmar o escenario artístico do alumnado, a partir dunha selección dos proxectos realizados para esta etapa, que poñen fin ...
