O Foro Económico de Galicia fixo esta segunda feira a presentación do seu Anuario 2024, nun acto que contou coas intervencións do ministro español de Economía, Carlos Cuerpo, e da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lourenzá. A institución sinala a produtividade como unha das materias clave a mellorar no futuro.