O Grupo Popular impulsará no Parlamento de Galicia unha proposición de lei para reformar a Lei galega do Deporte co obxectivo de que a Administración poida exercer a acción popular nos procedementos que se sigan por delitos e actos de violencia perpetrados no ámbito deportivo.
Ademais, incluirá medidas para clarificar o réxime de prescricións das infraccións e sancións no ámbito deportivo, así como para profundar no bo goberno no deporte e nas organizacións e federacións galegas.
Nunha rolda de prensa ofrecida este venres no Pazo do Hórreo, o portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, informou do rexistro desta proposición de lei a través da que, segundo indicou, intro...