O que pide Bruxelas agora xa o pedía a PAH hai trece anos Diego Feijoo activista pola vivienda Hai unha imaxe que o resume todo. No 2013, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) levou ao Congreso máis de 700.000 sinaturas pedindo tres cousas, que ninguén perdese a casa e seguise debendo diñeiro de por vida, que se alongasen os contratos de aluguer, e que se movese o parque de vivenda baleira que os bancos acumulaban tras os desafiuzamentos. PP e PSOE deixaron aquilo en case nada. Trece anos despois, o 9 de setembro de 2026, a Comisión Europea presentou en Bruxelas unha Lei de Vivenda Asequible que fala de gravar as vivendas baleiras e de poñerlle freo ao aluguer turístico. Non son as mesmas palabras, pero o diagnóstico é exactamente o mesmo que levaban repetindo dende os barrio...
