O Son da Serra, Cando O Courel derramou bágoas de cinsa é un documental sobre a Serra do Courel e o incendio que padeceu no verán do 2022. Este incendio foi a presentación en Galicia dos incendios convectivos de sexta xeración. Durante dúas semanas arrasou case 13.000 hectáreas, principalmente nos concellos de Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón e Quiroga, obrigando a desprazar a máis dun milleiro de persoas no que era o maior incendio da historia de Galicia ata que chegou agosto do 2025.
O Son da Serra son as voces das persoas que nos levan polo vivido naqueles días e dalgún modo, unha homenaxe a cada veciña e veciño da serra, unha reconciliación e unha posta en valor do que este territorio signi...
