O certame “A rúa é vosa”, dirixido ao público familiar, achega na súa duodécima edición un total de sete propostas coa participación de 7 compañías especializadas en clown, acrobacias, maxia, música, monicreques e globoflexia. Esta programación desenvólvese os días 12, 13, 14 e 16 de agosto, cun total de 13 sesións gratuítas e abertas a todos os públicos, en horarios de mañá e tarde na Praza de España e na rúa Cardeal.
O día 15 non haberá programación debido á celebración do Día do Gaiteiro e, tampouco houbo este mércores 12 pola tarde, para facilitar que a cidadanía poida seguir a eclipse solar total, visible desde Monforte.
Xoves 13:
- 1...
